Investigadores alemáns realizan a ruta Valle-Inclán na Pobra

POBRA> Unha delegación formada por un grupo de investigadores do Centro de Estudos Galegos da Christian Albrechts Universitat de Kiel, en Alemaña, realizou hoxe unha visita á Pobra do Caramiñal. Comezaron a xornada cunha recepción no concello onde foron recibidos polo alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, e a concelleira de Cultura, Encarna González Montemuíño. posteriormente acompañados polo director do Museo Valle-Inclán, Antonio González Millán, fixeron un percorrido por aqueles espazos ligados á vida e obra de Ramón del Valle-Inclán, como é o caso do Museo dedicado ó autor de Luces de Bohemia.