As brigadas antiincendios do Umia estarán operativas desde o luns

    PORTAS> O vindeiro luns comezan a traballar as brigadas municipais da Mancomunidade do Umia: serán 40 empregados que limparán e vixiarán os montes repartidos en 8 brigadas de cadansúas cinco persoas. Esta mañá recibiron o novo equipamento.

    A comarca do Umia contará a partires do luns con corenta brigadistas que limparán e vixiarán os montes municipais. Esta mañá eran recibidos no Concello de Portas polo alcalde local así como polos rexedores de Caldas, Cuntis e Moraña, amais do Delegado da Xunta en Pontevedra. Neste punto recibiron o equipamento laboral que van a precisar e os oito todoterreos que van a empregar durante os tres meses que estarán operativos:de agosto a outubro. Estas cuadrillas actuarán nos terreos municipais completando así as actuacións dos distritos forestais. Amais, os catro concellos participantes comprometéronse a limpar terreos forestais de titularidade municipal ou de propietario descoñecido. O custe do renting destes vehículos, as nóminas e a formación do persoal correrán a cargo da Consellería do Medio Rural e do Mar cunha achega de case 217.500 euros. Os custes maiores, como os do combustible dos catro por catro serán asumido polos catro Concellos participantes. Desde a Xunta apostan por este tipo de brigadas municipais por entender que contan ca vantaxe competitiva de ser xente que coñece o terreo sobre o que traballa. Nesta Provincia de Pontevedra o PLADIGA contempla o mesmo dispositivo que o ano pasado: 23 brigadas de terra, 2 equipos helitransportados, persoal propio de empresas dedicadas a esta labor e 28 cuadrillas de operarios de empresas públicas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/01/PATHFINDERS.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/01/brigadas_incendios_umia.mp4{/flowplayer}