Os piquetes impiden a entrada de mercancía ós polígonos

    folga_camions100_110608.jpgSALNÉS > As estradas volveron a repetir hoxe na terceira xornada de folga a imaxe de camións paralizados, piquetes controlando …

    {flowplayer}images/salnes/folga_camions.flv{/flowplayer}

    SALNÉS > As estradas volveron a repetir hoxe na terceira xornada de folga a imaxe de camións paralizados, piquetes controlando o paso dos vehículos pesados e axentes vixilando a actividade dos folguistas. E é que o paro continúa en España, malia o acordo alcanzado onte polo 85 por cento do sector co Ministerio de Fomento. O motivo, que a pesar das 54 medidas propostas polo Goberno, non se inclúe a principal reivindicación dos transportistas, o establecemento dunha tarifa mínima.

    Esta mañá na recta da Goulla, en Meis, os piquetes informativos mantiveron paralizados dende as 5 da mañá a varios camións que se dispoñían a deixa-la súa carga en varios polígonos da comarca do Salnés. Son todos empregados, cos que os piquetes aseguran que chegaron a un acordo para que parasen o seu trabalo, polo que ó mediodía lles deixaron que levasen os seus camións ata as sedes das empresas. Nesta estrada da comarca, onde os piquetes comezaron a vixilancia dende que o luns se iniciara a folga, non se produciu ningún incidente de importancia, coma si se sucederon algúns danos a camións noutras provincias da comunidade.

    A vixilancia dos piquetes informativos manterase polo de agora nos polígonos industriais galegos, nas grandes empresas da comunidade e tamén nas áreas de descanso e servizo das principais vías de comunicación. E é que estes transportistas galegos, membros da asociación Outa, apoian a postura dos dous colectivos convocantes do paro, Fenadismer e Confedetrans, para os que non son suficientes as 54 medidas propostas polo Ministerio de Fomento. Unhas propostas nas que non se inclúe a principal reivindicación dos transportistas, o establecemento dunha tarifa mínima por debaixo da cal non se traballe. Porén segundo o Goberno, un 85 por cento do sector, xa aceptou o acordo proposto onte, e aínda non asinado, xa que hoxe Fomento se volveu a sentar na mesa de negociacións cos representantes de Fenadismer e Condefetrans, para intentar acadar unha solución.

    Redacción Salnés