Berenguela pecha en Ribadumia co último curso de cociña

    cursoberenguela_100.jpgRIBADUMIA > Esta mañá pechouse en Ribadumia o programa Berenguela, coa entrega de diplomas do último curso de axudantes de cociña.

    O proxecto europeo, destinado á inclusión laboral das mulleres menores de trinta anos, comezou hai catro anos no concello, e con el xa se impartiron outros cursos, tamén relacionados coa hostalería.

    O derradeiro curso Berenguela contou con oito alumnas, das cales só seis puideron acudir á entrega dos diplomas, dado que dúas xa conseguiron acadar un emprego. E é que a formación, teórica e práctica, que adquiriron durante os últimos catro meses, vailles permitir poder traballar en calquera tipo de cociña. Ademais, segundo nos conta a profesora, as alumnas tamén foron moi aplicadas.

    A formación, moi personalizada, é tamén unha garantía da calidade do curso, do que as alumnas non dubidan que poida ser unha plataforma para acceder ó mundo laboral. E aínda que normalmente nas entregas dos títulos académicos, quen vai a vernos son os nosos pais ou irmáns, hoxe estaban os fillos dalgunha das alumnas, xa que o programa de inclusión laboral está destinado a mulleres que non superen os trinta anos dei dade.

    A alcaldesa, Salomé Peña, lembrou esta mañá que dende que comezara o proxecto hai catro anos, unhas 44 mulleres do concello recibiron formación no sector da hostalería, cunha inserción laboral do 90 por cento. Unha importante oportunidade, subliñou, para loitar contra a balanza que apunta ó sector feminino con cargas familiares, coma un dos máis que máis sofren o desemprego.

    Redacción Salnés