Cambados vibra con Edurne e Café Quijano

CAMBADOS> Cambados viviu onte á noite unha das súas citas claves na programación do Albariño. A gala musical na que se fixo entrega das Follas de Prata con Albariña de Ouro ós persoeiros e colectivos que destacaron pola súa labor no último ano. Unha cita que como é habitual encheu ata a bandeira a praza de Fefiñans. O tempo e as citas musicais convidaban. O Jazz foi un dos sons que se escoitaron onte á noite en Cambados. Cunha praza de Fefiñáns a estourar, celebrouse a décimo sétima Gala do Albariño. A noite empezaba coa introdución de Musicais TV, Fernandisco…. Ambiente sonoro para entoar a tradicional entrega dos premios Folla de Prata con Albariña de Ouro. Distincións coas que cada ano Cambados honra a persoeiros e entidades que destacan pola súa labor en diferentes eidos sociais. Nesta ocasión, os galardóns foron para o Seprona da Garda Civil. A proposta da Protectora, o concello recoñece así a súa labor no eido da atención social e medioambiental. No apartado cultural, artes plásticas e escénicas, subiu ó escenario unha nova promesa do deseño. A cambadesa Eva Soto, que xa colleita éxitos na Fashion Week de Madrid e chegou a chamar a atención de estrelas como Lady Gaga. V Televisión, do Grupo Voz fíxose co premio no eido do Xornalismo e Comunicación Social, mentres que no empresarial, o recoñecemento recaeu na Asociación de Praceiras de Cambados, polo seu papel clave na rodaxe da economía local e o seu traballo a prol da promoción dos produtos do mar. Por último, no ámbito do Deporte, o premio foi para Agustín Pastoriza ‘Pibe’, futbolista descendente de cambadeses aínda que arxentino de nacemento, este ano debutou na Primeira División da man do Betis. Recollidas as Follas de Prata, a festa entrou no seu punto álxido. Os responsables, Café Quijano e Edurne. Dous estilos ben diferentes pero que souberon encandear ó público desde o minuto un. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/01/galaalabrino2014.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/01/GALA_ALBARINO_2914.mp4{/flowplayer}