A estrada DP-7.204 en Taragoña permanecerá mañá pechada ó tráfico

    RIANXO> A Policía Local de Rianxo vén de informar que mañá mércores, con motivo da celebración da festa na honra do Divino Salvador, na parroquia de Taragoña, quedará cortada a estrada provincial DP-7.204, na zona do Adro da Igrexa, dende as dúas da tarde ata as seis da madrugada, polo cal o acceso e saída da autovía do Barbanza terá que facerse por Té, a excepción dos que se dirixan ó porto de Taragoña, que estará libre.