A Fundación Diversia analizará os dereitos dos discapacitados

    RIBEIRA> Será nunha xornada que se desenvolverá este próximo sábado no salón de actos do ISM e estará dirixida principalmente a familiares de persoas con algún tipo de diversidade funcional. Esta mañá presentábase no centro de recursos da Asociación AMBAR, en Frións, a primeira xornada da Fundación Diversia, que versará sobre os dereitos, na calidade de vida e na protección xurídica das persoas con diversidade funcional. A actividade desenvolverase o sábado, 9 de agosto, a partir das nove da mañá no salón de actos do Instituto Social da Mariña coa participación de destacados poñentes. Xa na xornada de tarde, ás catro e media, desenvolverase unha mesa coloquio na que se tratará de dar resposta a todas aquelas dubidas ou inquietudes que puideran xurdir por parte dos asistentes en canto á protección xurídica e ós dereitos das persoas con diversidade funcional. Aínda que a xornada está dirixida principalmente a familiares de persoas con algún tipo de discapacidade, a ela poderán asistir tamén toda aquela persoa que o desexe, ata completar aforo. As persoas interesadas en asistir poden reservar tamén praza e certificado de asistencia a través no correo electrónico correo@fundaciondiversia.org ou no teléfono 981-875 475.