Expoferta 2014 ofrecerá descontos de ata o 70 %

    VILAGARCIA> Este venres comeza en Vilagarcía Expoferta 20014, a feira de oportunidades que como cada ano, unha vez rematado o verán, organizan desde Zona Aberta de Vilagarcía. Nesta ocasión haberá unha trintena de expositores de toda a comarca.

    Expoferta 2014 abrirá as súas portas este venres e ata o domingo con descontos iniciais de ata o 70 %. Deste xeito, os comerciantes de Vilagarcía queren chamar a atención dos clientes co fin de que se acheguen a mercar á explanada do Auditorio de Vilagarcía. Esta Feira de Oportunidades contará cunha trintena de expositores dos sectores habituais: deportes, calzado, téxtil, lencería ou complementos entre outros. O horario de apertura dos stands será de once a dúas e media pola mañá, e de seis a once e media pola tarde. O obxectivo é vender o máis posible a prezos do máis competitivo. E para facilitar as compras, desde ABANCA propoñen facilidades de pago e microcréditos co fin de que ninguén perda estas oportunidades de compra.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/06/expooferta.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/06/expooferta_2014.mp4{/flowplayer}

    Comments are closed.