Rianxo tamén ten a súa festa de exaltación do mexillón

    RIANXO> Será esta vindeira fin de semana, os días 9 e 10 de agosto, organizada pola Asociación Gastronómica Cultural de Rianxo. Por quinto ano consecutivo, o Campo de Arriba en Rianxo, acollerá a festa de exaltación do mexillón, organizada pola Asociación Gastronómica Cultural de Rianxo, en colaboración con outras entidades, entre elas o concello. A cita gastronómica ten coma principal finalidade a promoción e posta en valor dun produto cunha gran importancia na economía local. O outro obxectivo da festa, tamén importante, pasa por recadar fondos para a axuda do Club de Remo Rianxo. Dende a organización agárdase un éxito de público semellante ó de edicións anteriores. Prevese repartir unhas catro mil racións de produto a prezos populares, divididas en seis recetas: empanada, salsa de vieira, vinagreta, ó vapor e á mariñeira e á feira, estas dúas últimas as dúas principais novidades este ano. Dende o concello rianxeiro destacaron tamén a importancia da festa. As actividades comezarán xa o sábado pola tarde, a partir das sete e media, cunha ludoteca infantil. Xa pola noite terá lugar a actuación do grupo folk Combaro e varios dj’s que amenizarán a festa ata altas horas da madrugada. Xa o domingo terá lugar a inauguración oficial da festa será o domingo ás doce do mediodía, coa presenza das distintas autoridades. Ese mesmo día, para os máis atrevidos, celebrarase tamén a terceira edición da Andaina da Festa do Mexillón, con saída ás nove e media dende a praza Castelao, cun percorrido de 15 quilómetros. O prazo de inscrición na proba está aberto ata o próximo xoves, 7 de agosto, na páxina web: www.arousa.com.