Fernández Lores presenta unha solución ó tráfico en Sanxenxo

    loresmitinsanxenxo100_240507.jpgSANXENXO > O BNG aposta pola construcción dunha vía que una Baltar coa Vía Rápida, por detrás da finca de Peña, e por outra paralela …

    … á rúa Progreso. Así o indicou onte o candidato nacionalista Roberto Fernández Lores, no mitin que ofreceu en Sanxenxo. Con estas estradas, o BNG afirma que acabará coas caravanas entre as rotondas de Baltar e Arnelas.

    loresmitinsanxenxo200_240507.jpgO nacionalista Roberto Fernández Lores, fixo pública a súa proposta para solucionar os problemas de tráfico en Sanxenxo. No mitin central celebrado onte, o candidato indicou que teñen proxectado unha vía por detrás da finca de Peña para unir Baltar coa Vía Rápida, e outra paralela á rúa Progreso, xa proxectada no Plan Xeral. Para o BNG isto debería ser prioridade para o Concello, en vez de pedir a titularidade da PO 504 entre Sanxenxo e Vilalonga, como é a intención da actual rexedora.

    O BNG tamén falou de vivenda protexida, de por en valor o patrimonio cultural e etnográfico do concello e informar del ós turistas, de darlle contido á praza do Mar, e tamén de cultura e servizos sociais. Neste senso anunciou que de acadar o goberno asinará o convenio de adhesión co Consorcio Galego de Benestar para levar a cabo as escolas infantís de Vilalonga e Portonovo, ou para a construcción dun xeriátrico. E que ademais, desmantelará Terra Sanxenxo, de definiu como ‘oficina do INEM’.

    A candidatura do BNG de Sanxenxo contou onte co respaldo do senador nacionalista Francisco Jorquera e da responsable nacional de Galiza Nova Iria Aboi.

    Redacción Salnés