VILAGARCIA> Vilagarcía celebrará unha festa de Auga se camións de bombeiros nin mangueiras. A seca e os incendiso obrigan ao concello a adaptarse a situación de alerta actual. A festa regresará as súas orixes, a xente poderá mollarse con agua nas rúas e desde os balcóns trala saída de San Roque.
Estas imaxes que están a ver non se repetirán este ano en Vilagarcía. A festa da Auga regresará este ano pero o concello anunciou que os camións de bombeiros e as mangueiras non estarán presentes.
O concello toma esta decisión debido á seca e aos incendios.
Os camións e as mangueiras non estarán presentes pero a Festa da Auga continúa. O festexo regresará ao seu formato tradicional, trala saída de San Roque a xente poderá mollarse con auga das fontes ou a lanzada dende os balcóns.
Para favorecer que a xente se molle, na zona húmida estarán habilitadas as fontes pequenas para a recollida de auga. As grandes inhabilitaranse para evitar os riscos que poden xurdir se a xente se mete dentro.
Dende o concello matizan que aínda que non estarán os bombeiros, o resto da Festa da Auga realizarase con normalidade, tanto o pregón, como a saída do Santo, a auga dende os balcóns e nas rúas e a apertura dos locais hostaleiros. Será unha Festa da auga que regresa ás súas orixes.