O Concello de Vilagarcía e Ahituvi reúnense para evitar que continúe o mal uso dalgunhas terrazas

VILAGARCÍA> A asociación de hostaleiros de Vilagarcía e o concello chegan a un entendemento para tomar medidas contra aqueles negocios que incumpran a ordenanza municipal. Dende Ahituvi únense as queixas veciñais que alertaban de que algunhas terrazas que invaden o espazo dos peóns e están abertas ata altas horas da madruga. O concello tomará medidas contra os infractores.

Ante as queixas veciñais polo mal usos das terrazas de algúns locais, o goberno de Vilagarcía reuniuse cos hostaleiros da localidade para evitar que estas actuacións se sigan dando e atopar un equilibrio entre os intereses dos negocios e os dos veciños.

O problema xurdiu porque algúns negocios non respectan nin os espazos nin so horarios das terrazas.

Dende o goberno local confían en que os propios hostaleiros cumpran coa ordenanza sen abusar da flexibilidade do concello.

Os hostaleiros mostran o seu acordo coa ordenanza municipal e entenden que se sancione aos infractores.