A USC e Terras de Asorey dedican o terceiro curso do viño á sustentabilidade e a economía circular nos sector vitivinícola

MEIS> Terras de Asorey e a Universidade de Santiago realizan a terceira edición do curso O mundo dos viños galegos. Unha edición que estará dedicada ás sustentabilidade e a economía circular dentro do sector vitivinícola. O obxectivo dos organizadores é achegar o mundo do viño á poboación e á súa vez que os viticultores aumentos os seus coñecementos nos coidados da natureza nos viñedos.

A adega Terras de Asorey e a Universidade de Santiago volven a colaborar para realizar o curso de verán O mundo dos viños galegos. Unha iniciativa que busca achegar á xente a cultura do viño. Nesta terceira edición, o curso está enfocado á sustentabilidade e á economía circular.

Durante dous días, na adega Terras de Asorey terán lugar relatorios, mesas redondas e por suposto catas. O que permitirá xuntar a estudantes, con científicos e os propios viticultores.

O curso non está enfocado só aos profesionais e ao alumnado da universidade, se non a todas as persoas que teñan inquedanzas en coñecer o mundo do viño.

Ao longo de este xoves tiveron lugar as actividades máis teóricas como é o caso das mesas redondas e os relatorios, mañá, venres, terán lugar as catas e a despedida acompañada por música folclórica galega. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí