Asaltan a golpes unha tenda de ultramarinos en Meaño

    MEAÑO> Un ladrón asaltou onte en Meaño unha tenda de ultramarinos de onde se levou un botín de 1.200 euros. O caco emprendeuna a golpes co ancián que rexenta o local ata deixalo inconsciente.

    A primeira hora da mañá de onte un ladrón asaltou este negocio de Meaño, a tenda de ultramarinos de Valentín Castro. O malfeitor entrou no local as nove menos cuarto da mañá e emprendeuna a golpes co propietario para roubarlle os cartos que levaba no peto. O botín ascende a 1.200 euros en metálico que portaba Valentín no momento de abrir o negocio. Foi o único que se levou un ladrón do coñecido como O Corte Inglés de Meaño pola ampla variedade de cousas que vendía históricamente. O caco aínda está sen identificar. A Garda Civil continúa a investigar os feitos. Este suceso é dos poucos que alteran a tranquilidade dos veciños de Meaño. Crese que o delincuente podía ser da contorna, posto que aproveitou a vulnerabilidade desta familia: un matrimonio maior e sen fillos, cuxa dona está aqueixada dunha enfermidade neurodexenerativa. Desde o Concello meañés agardan que se trate dun feito illado. Tamén esta fin de semana se produciron dous roubos, cando menos curiosos, nos Concellos de Pontecesures e Barro. No Concello limítrofe entre provincias levaron comida e útiles para mascotas dun establecemento especializado. No botín os amigos do alleo levaron desde raticida ata penso para aves e outros utensilios para a cría de animais domésticos. En Barro entraron a roubar nunha granxa de polos de onde roubaron ferramentas e mediciñas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/06/roubo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/06/asalto_estanco_meano.mp4{/flowplayer}