VILAGARCÍA > IVIL e Partido Popular amosaron a súa postura sobre o pleno municipal de Vilagarcía para a aprobación dos presupostos. Independentes inciden en que se trata de cubrir un mero trámite legal e os populares tildan de oportunista ó goberno de Gago trala dimisión dos edís populares
Tomas Fole teno claro, o acelerón aplicado polo alcalde de Vilagarcía para a aprobación en pleno dos orzamentos de 2006 ten a súa xustificación no dimisión de tres edís populares as semanas pasadas. Fole acusou a Gago de oportunista por aproveitarse desta circunstancia.
O edil popular asegura non entender a política que leva a cabo Gago e vaticina que o rexedor aproveitará a dimisión dos edís populares para acusar ó PP de falta de coordinación. Fole coincide con IVIL en que estes orzamentos, para os que non tiveron moito tempo de estudalos, hai un excesivo gasto corrente se ben se produciu unha reducción respecto do exercicio anterior.
O PP vilagarcián é claro: non entende ónde van parar os cartos recollidos a través da suba de impostos cando unha grande parte das obras no concello se financian con subvencións. Se ben non está definido aínda, o voto popular emitirase en contra (a non ser que se acepten certas enmendas).
Definido non está tampouco o voto dos independentes que insisten en que, precisan un estudo máis profundo antes de emitir o seu veredicto final. Nunha primeira ollada coinciden cos populares no exceso nos gastos correntes nos orzamentos. Uns presupostos que distan moito dos que IVIL, aseguran, tiveran presentado.
Redacción Salnés