
VILANOVA> O Concello de Vilanova acolle a partires de mañá varios eventos festivos coincidindo ca celebración local da Festa do Carme. Mañá, o Rockin Vila, o sábado a Festa do Carme e durante toda a fin de semana a Festa do Mexillón e do Berberecho e a Feira de Oportunidades de verán.
Presentación de múltiples actividades lúdicas a que tivo lugar esta mañá en Vilanova. O Alcalde Gonzalo Durán liderou a presentación de ata catro eventos que vai a albergar este Concello a partires de mañá. O máis destacado é a Festa do Mexillón e do Berberecho, que nesta vixésima edición estrea a distinción de Festa de Interese Turístico Autonómico. Desde o xoves e ata o domingo poderanse degustar no centro da vila mariscos frescos a prezos de rebaixa, organizada pola Comisión das Festas do Carme. No transcurso desta Festa repartiranse as distincións do Mexillón e Berberecho de ouro deste ano. Parella á Festa Gastronómica disporase na Praza do Concello a Feira de Verán na que os comerciantes intentarán liquidar stocks. Amais de marisco e compras, esta fin de semana en Vilanova haberá festa con música tódolos días. O propio día do Carme, o sábado á noite actuarán as orquestras Ismael e Boys Machine, no entorno da Confraría. E para os máis roqueiros, mañá xoves estrease o Rockin Vila, no Parque do Cabo a partires das oito e media da tarde; ca actuación estelar de Ruxe Ruxe e outros grupos da contorna.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/06/vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/06/mexillon_vilanova.mp4{/flowplayer}










