Máis de 50 equipos participarán no torneo 3×3 de Porto do Son

    PORTODOSON> Este ano os máis pequeniños tamén poderán competir na categoría “kids”.

    O parque de Portosín acollerá, esta próxima fin de semana, a décimo segunda edición do torneo 3×3 de baloncesto. O evento consolídase ano a ano, grazas a boa aceptación que tivo nas pasadas edicións. Nesta ocasión, hai inscritos máis de 50 equipos que prometen ofrecer un espectáculo deportivo para goce do público visitante. A cita conta cunha importante novidade no programa. As demais categorías, tanto masculinas como femininas, competirán durante a tarde do sábado e a xornada do domingo. Desde a organización avanzaron que pretenden consolidar a categoría máster, que a conforman aqueles que teñen máis de 35 anos. Este ano hai oito equipos inscritos e desde a organización considérano todo un éxito. Os equipos participantes proveñen da comarca do Barbanza, de Santiago e tamén da cidade de Vigo. Os organizadores agardan que no campionato reine a diversión e o xogo limpo.