BARBANZA> As revisións visuais en ópticas durante o 2010 aumentaron na comarca un 3% respeto o ano anterior.
Dende a posta en marcha deste acordo sanitario entre o Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia e a Consellería de Sanidade fai algo máis de tres anos, as interconsultas están acadando magníficos resultados, segundo confirmaron dende a entidade colegial.
{flowplayer}barbanza/opticasbarbanza.flv{/flowplayer}
No ano 2010 rexistráronse en Galicia máis de cen mil revisións visuais, das que catro mil cento nove corresponderon a área da comarca da Barbanza, o que supuxo un crecemento de case tres puntos en relación o ano 2009. Estes datos indician, sinalaron dende o Colexio de Ópticos, que o convenio ‘Ollo cos ollos’ está a lograr en poucos anos uns excelentes resultados.
Completo exame visual
Mediante esta práctica, que permite realizar un completo examen visual, conséguese disminuir as listas de espera en Oftalmoloxía e facilitar as revisións visuais dos pacientes.
As probas que se realizan nas ópticas incluen a evaluación do estado refractivo mediante o estudo da graduación da vista e unha exploración optométrica completa mediante a analise da reacción da pupila para detectar posibles problemas neurolóxicos. Tamén se evalúa a visión binocular e posibles danos na retina.
Redacción Barbanza