CALDAS> O PP provincial urxe ó concello de Caldas e á Deputación de Pontevedra que substitúan o céspede no campo de fútbol das Corticeiras, neste municipio. O terreo de xogo xa ten dez anos e presenta un estado de deterioro moi avanzado. O Partido Popular pediu esta mañá á Deputación de Pontevedra e ó concello de Caldas que se poñan dacordo, pero que algún dos dous asuma a substitución da herba sintética no campo de fútbol das Corticeiras. A voceira do grupo provincial, Nidia Arévalo, a deputada Luisa Piñeiro e o presidente local do partido, Jesús Goldar, reuníronse con varios membros da directovia do club de Caldas para escoitar as súas demandas. Pero tamén, para poñerse a disposición á hora de esixir un terreo de xogo de calidade. Jesús Goldar sinalou que o céspede deste campo de futbol non serve prácticamente para nada. Os populares recordaron que hai dez anos que a Deputación gobernada polo PP colocou herba artificial neste campo, precisamente a vida útil que se garante para un uso intensivo do terreo. como é o caso de Caldas. A Deputada Luisa Piñeiro sinalou que hai zonas do terreo de xogo afundidas. Desde o PP provincial sinalaron que reclamarán nunha nova ocasión compromisos do bipartito cos campos de futbol de toda a provincia incluido o de Caldas.
Inicio Salnés - Caldas