Un vehículo esnaquiza o cruceiro de Santo Tomé de Meis tras unha colisión

MEIS> Un vehículo esnaquiza o cruceiro de Santo Tomé de Meis. O concello e a aseguradora do automóbil xa traballan para restaurar un dos elementos patrimoniais do municipio. O goberno local agarda que estea restaurado o vindeiro verán.

Así de esnaquizado quedou o cruceiro de Santo Tomé de Meis tralo impacto dun vehículo. O accidente tivo lugar o domingo a mañá, supostamente, por un destello que cegou ao condutor. O impacto foi de tal calibre que o afectou a todo o cruceiro. Os operarios do concello xa retiraron os anacos do elemento patrimonial.

O concello xa se puxo en contacto coa aseguradora do vehículo para restaurar o cruceiro o antes posible.

Ademais da súa importancia patrimonial, pola súa localización, o cruceiro tamén ten unha importancia sentimental para os fregueses da parroquia.

O concello agarda que o cruceiro estea totalmente restaurado para o verán. Ademais, o goberno local tamén estuda a posibilidade de ampliar a estrada onde está localizado para mellorar a circulación e protexer a estrutura.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí