CAMBADOS> Cambados lanza a campaña Somos do teu equipo para fomentar o deporte feminino. O concello a través das súas redes sociais contará a historia de doce deportistas da vila para que sirvan como exemplo ás novas xeracións.
O concello de Cambados quere loitar contra as barreiras psicolóxicas que existen no deporte e fomentar a igualdade nas disciplinas físicas. Para elo lanza a campaña Somos do teu equipo. Unha iniciativa para mostrar, a través de doce deportistas da vila, como as mulleres poden dedicarse a calquera deporte.
A través das redes sociais do concello, compartirase unha entrevista coas doce deportistas. O obxectivo é que sirvan como exemplo para as xeracións máis mozas pero tamén para todas aquelas mulleres interesadas en calquera deporte.
Outra das patas desta campaña é unha webinar online onde as protagonistas contarán as dificultades que se atopan no seu deporte.
A campaña complementase coa entrega aos diferentes equipos da vila de máis de dez mil máscaras deportivas. Preparadas para a realización de calquera disciplina física.