A Mancomunidade do Salnés traballa no control dixital de todos os seus departamentos

SALNES> A pesar das dificultades do ano 2020, a mancomunidade do Salnés fai un balance positivo das actuacións levadas ao cabo ao longo deste ano. O organismo comarcal aumentou os seus investimentos nun 18%. O futuro da mancomunidade pasa polo control dixital de todos os seus sectores.

A crise provocada polo coronavirus non impediu que a mancomunidade do Salnés continuase co seu programa de actuación. A pesar das dificultades xurdidas a consecuencia do virus, dende a presidencia da mancomunidade fan un balance positivo da súas actuacións.

As actuacións da mancomunidade do Salnés baséanse en cinco pilares: Formación e emprego, un dos pilares da mancomunidade cuns investimentos superiores ao millón de euros, servizos básicos, que cobren as necesidades de todos os concellos, servizos sociais, promoción turística e inversións, obras e infraestruturas, con investimentos que superan tamén o millón de euros. En total os investimentos da mancomunidade aumentaron en case un 20%.

A mancomunidade continuará no 2021 aumentando as súas actuacións, pero o principal foco de actividade centrarase na dixitalización de todos os seus servizos. O obxectivo da mancomunidade é controlar o rendemento e a eficacia de tódolos seus equipos.

Ademais deste sistema de dixitalización, as próximas actuacións da mancomunidade darán prioridade ás enerxías renovables.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí