Unha solución a tres bandas

    RIANXO> Portos de Galicia, Confraría de Pescadores e Concello traballan na busca dunha solución para a permanencia do local dos xubilados nos baixos do pósito. Os maiores de Rianxo que a diario empregan o local da confraría de pescadores poderían seguir empregando estas instalacións. O conflito que manteñen coa dirección do pósito, que dende hai tempo reclama para si o uso do local, ó non poder facer fronte ós gastos que acarrea, podería ter una rápida solución. Confraría, Concello e Portos de Galicia traballan para tratar de darlle una solución a este problema. Sen avanzar moito no punto no que se atopan as negociacións, o que si trascendeu é que a vía sobre a que traballan e a permanencia do club de xubilados neste local coma ata de agora.