Expoferta 2014 foi todo un éxito de afluencia e de vendas

    VILAGARCIA> Expoferta, a Feira de Oportunidades que organizou esta fin de semana a Asociación Comercial Zona Aberta de Vilagarcía ven de pechar cun balance moi satisfactorio, tanto no volume de visitantes como no de vendas. Así o valoraba esta mañá a Presidenta de Zona Aberta e, ó tempo, do Consorcio do Comercio do Salnés.

    Unha das claves desta importante afluencia de público foi a ubicación da carpa na explanada do Auditorio. Amais o mal tempo propiciou que moitos se decantaran por ir de rebaixas no canto de á praia. Pero o fundamental é que os clientes encontraron artigos de primeiras marcas e alta calidade con descontos realmente importantes. Á falta do resultado global cuantitativo, os comerciantes que alí expuxeron xa manifestaron a súa satisfacción con esta liberación de stock e con esta axuda no peche de tempada. Tralo éxito desta edición, Zona Aberta xa está a pensar en mellorar a do ano que ven. Unha das modificacións podería ser a disposición das tendas en haimas independentes entre si, e ca lona protexendo a zona común, co fin de dar máis amplitude e vistosidade ó recinto.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/11/expoferta1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/11/balance_expoferta.mp4{/flowplayer}