O Intecmar, A Volta e Mar Kiel, novos valedores do mexillón vilanovés

    VILANOVA> Vilanova pechou este domingo as súas festas gastronómicas por excelencia: as do mexillón e o berberecho. Polas carpas instaladas no Xardín Umbrío e na praza de Abastos pasaron esta fin de semana centos de persoas ata chegar a colapsalas nalgúns intres. A clausura contou coa tradicional imposición das insignias de ouro e brillantes á director do Intecmar, o director da Volta Ciclista a España e á empresa local Mar Kiel. A fin de semana contaba con moitas citas gastronómicas na comarca pero Vilanova soubo como atraer ós comensais para degustar unha variada cociña de mexillóns e berberechos. As racións voaron durante toda a fin de semana, especialmente onte ó mediodía, cando houbo momentos nos que resultaba difícil atopar oco onde sentar a comer á mesa. Antes, como cada edición, tivo lugar a tradicional entrega das Insignias de Ouro e Brillantes coas que cada anos e salienta a figura de persoas con fortes nós co municipio. O primeiro en recibir a súa, o director de Unipublic, entidade responsable da Volta Ciclista a España, quen tamén exerceu como pregoeiro dos festexos. Alcalde e galardoado lembraron a espectacular saída da competición o ano pasado desde unha batea acristalada. A continuación, a directora do Intecmar amosou o seu agradecemento e satisfacción por recibir o recoñecemento. No seu nome e no de todo o equipo do Instituto Tecnolóxico do Mar. Unha distinción que, segundo Covadonga Salgado, é do más especial e sentida ó ser o propio sector do mar, para os que eles traballan, o que llo concede. O último dos galardoados, un empresario con longa traxectoria no municipio e responsable de levantar unha firma de comercialización de mexillón con gran proxección internacional. Trátase de José Manuel Del Río Roma, fundador de Mar Kiel. Por cuestións persoais non puido estar presente no acto pero recibiu o galardón no seu nome o seu neto. Dovalo lembrou as orixes desta firma e a andaina de quince anos no exilio dos eu avó. Exilio en Alemaña do que volveu coa súa dona para levantar con constancia e esforzo Mar Kiel. Ese tesón é, segundo o seu neto, o trazo máis salientable do carácter de José Manuel del Río. Recibida sas insignias, premiado se autoridades desprazáronse ata a carpa de degustación para sumarse ós comensais que saboreaban xa os mexillóns e berberechos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/11/PREMIADOSMEXILLON.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/11/INSIGNIAS_MEXILLON_VILANOVA.mp4{/flowplayer}