Núñez Feijóo acusa a Touriño de faltarlle ós pontevedreses

    PONTEVEDRA > O PPdeG acusa ó presidente da Xunta de mentirlle ós cidadáns de Pontevedra. Alberto Núñez Feijóo criticou duramente as promesas anunciadas onte por Pérez Touriño na súa visita institucional ó concello pontevedrés. O dirixente popular chegou a dicir incluso que Touriño veu á cidade do Lérez pensando que os pontevedreses son analfabetos.

    congresopp1_300_160106.jpgNúñez Feijóo desbotou tódalas promesas feitas polo presidente da Xunta na súa visita oficial a Pontevedra. O dirixente popular lembrou que para a autovía Pontevedra – Vigo ata 2009 só hai o Estado só ten presupostados 6 millóns dos 480 que custa a obra. No caso da autovía Pontevedra – Vilagarcía di que a Xunta só ten presupostados 180 mil euros que darían para un quilómetro de beirarrúas. En canto ó tren de alta velocidade. O tramo Pontevedra – Vigo non ten proxecto e na conexión con Madrid a través de Ourense nin se sabe se se vai facer. Polo tanto o PP cre que non estarán rematadas para 2010 como dixo Touriño e mesmo considera que non estarían iniciadas para entón.

    O PP tamén criticou o secretismo que existe entorno ó traslado de Ence. Touriño sinalou en Pontevedra que non se decidirá nada ata pasada a metade desta lexislatura, o que sería dentro dun ano e polo tanto tralas eleccións municipais, que é o que entenden e critican os populares.

    Redacción Salnés