O proxecto Plancton reitrou máis de 6 toneladas de lixo mariño no 2022

PONTEVEDRA> O proxecto Placton retira máis de 6,5 toneladas de lixo en 7 areais e nos fondos mariños no ano 2022. No programa traballa a Fundación Abanca en colaboración co sector pesqueiro e este ano contaron coa axuda de preto de 700 voluntarios. O proxecto ademais de retirar os refugallos, tamén busca concienciar a poboación sobre a importancia de coidar o noso mar.

No seu segundo ano de vida, o proxecto Placton impulsado pola Fundación Abanca e o sector pesqueiro volve a acadar cifras destacadas. Durante o ano 2022, as diferentes actividades e iniciativas levadas a cabo para retirar refugallos do mar remataron cun total de 6,5 toneladas de lixo recollidas.

Entre os materiais máis retirados están as cabichas, os bastón dos oídos, os chupachus, anacos de plástico, bolsas, máscaras e residuos do sector.

Ademais da retira do lixo, o proxecto tamén ten unha vertente de concienciación.

O proxecto continúa neste 2023. As limpezas de fondos e de praias, xunto coas campañas de concienciación como ‘Goza da Praia sen deixar pegada’, destinada aos turistas, son algunhas das actividades que os organizadores manterán nesta edición.