CAMBADOS> Cambados acende o seu Nadal este vindeiro xoves. O municipio adiántase a outros da zona, coa súa aldea de Nadal como un dos principais reclamos para estas festas. Ademais, na praza do Concello, van adornar por vez primeira un piñeiro natural de máis de 40 metros, no que debaixo haberá un agasallo xigante.
A Aldea de Nadal de Fefiñáns quere converterse por segundo ano consecutivo nun dos grandes reclamos destas Festas en Cambados. Este ano, o poboado muda a súa fisionomía para facelo máis atractivo, pensando en especial na rapazada.
A Aldea vaise inaugurar este mesmo xoves, coincidindo co acendido do alumeado de Nadal. A decoración mantén a súa esencia, con dous puntos destacados: a praza do concello e a da Xuventude.
A ornamentación esténdese por distintas rúas do centro e tamén das parroquias. En total, o Concello inviste 30.000 euros.
Unha das novidades deste ano será unha food truck en Fefiñáns con chocolate e churros. Estará dispoñible dende este mesmo xoves e, ademais, terá fins solidario.
O goberno local promete máis sorpresas para este Nadal. Serán desveladas ao longo desta semana.