Máis de seiscentos usuarios en Ribeira xa disfrutan das vantaxes da tarxeta Xente Nova

RIBEIRA> A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade achegouse esta mañá ata a localidade para comprobar o funcionamento da tarxeta ‘Xente Nova’ que vén de poñer en marcha recentemente a Xunta, que permite que os mozos menores de 21 anos poidan viaxar gratis no transporte público por toda Galicia. Máis de 650 usuarios os que a empregan no municipio e máis de mil en toda a comarca do Barbanza.

Inaya e Natalia son unicamente dous exemplos dos 650 mozos que en Ribeira xa disfrutan das vantaxes da tarxeta ‘Xente Nova’ que vén de poñer en marcha recentemente a Xunta, que permite que os menores de 21 anos poidan viaxar gratis no transporte público por toda Galicia. A cifra elévase a máis de mil se falamos de toda a comarca do Barbanza.

Segundo a Conselleira, que hoxe se achegou a Ribeira para comprobar o funcionamento desta tarxeta, a iniciativa supón ademais un importante aforro de cartos para as familias.

O alcalde, manuel Ruíz, destacou tamén a importancia desta proposta da Xunta, que no caso de Ribeira, grazas ó convenio de colaboración asinado tamén coa Xunta, aporta tamén outras vantaxes, ó poder beneficiarse a veciñanza doutros descontos nas viaxes no transporte urbano.

A tarxeta forma parte do plan de modernización do transporte público en toda Galicia e dende finais de maio presta xa cobertura ós 313 concellos galegos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí