O Concello prohibe a celebración da festa house na zona TIR

    VILAGARCIA>O Concello de Vilagarcía ven de advertir da prohibición da Festa House sen licenza que se ía a celebrar na noite deste venres na zona TIR. Foron os hostaleiros os que deron a voz de alarma sobre esta celebración ilegal ata deshora que organizara un negocio de venda ambulante de comida.Estes hostaleiros reclaman tamén ó Concello que cambie de ubicación as atraccións para non minguar as prazas de aparcadoiro.

    O Concello de Vilagarcía ven de atallar a celebración dunha festa house que se anunciaba para a noite véspera da Festa da Auga ata altas horas da amencida. Ó parecer era un negocio de venda ambulante ó que anunciaba nas redes sociais a celebración dunha macrofesta con dj ata altas horas da amencida na zona TIR, o que prendeu tódalas alarmas dos hostaleiros desta zona. Uns empresarios que xa empezan a estar acostumados a este tipo de oportunistas que xorden cando hai festas masivas en Vilagarcía como a da Auga desta semana ou a celebración do fin de ano. Estes hosteleiros protestan pola ubicación nesta explanada das atraccións de feira; este ano hai dispostas vintedúas. Aseguran que restan prazas de parking e eso prexudica ós seus negocios. Tamén hai protestas pola ubicación dos postos de venda ambulante no Parque de Miguel Hernández. Hai veciños que entenden que dificultan o paso e ensucian a zona; amais do barullo que xeran ata altas horas da amencida. Con todo, os enquisados hoxe daban o seu visto bo a estes negocios posto que só se trata de algo puntual duns días de festa.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/12/zona_tir.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/12/anulacion_festa_house.mp4{/flowplayer}