Rianxo avanza na dotación de servizos básicos con tres obras en núcleos rurais

RIANXO> Rianxo avanza na execución de diversas obras para dotar de servizos básicos a varios núcleos do rural. Xa comezaron os traballos de abastecemento na Casilla e en Corques e está a piques de iniciarse a instalación da rede de saneamento en Quintáns.

A primeira das actuacións que se está a executar nun pequeno treito duns 250 metros na zona da Casilla finánciase con fondos propios do concello. A pesar de que non é moi custosa ten unha enorme importancia posto que facilitará a futura conexión da parrqouia do Ataño á rede de abastecemento municpal.

Tamén en execución atópase o abastecemento da aldea de Corques cun investimento próximo ós 80 mil euros con cargo ó Plan Único da Deputación. Non é a única actuación financiada no marco do plan provincial que destina máis de 200 mil euros ás obras de saneamento en Quintáns que están a piques de comezar.

Trátase de tres obras clave para avanzar cara o abastecemento e saneamento integral do municipio que se verán complementadas con futuras actuacións que o concello prevé licitar proximamente como as obras da Pousada ou Vilas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí