SOS Panadeira maniféstase de xeito festivo

    SANXENXO> Os membros da plataforma SOS Panadeira volveron a manifestarse esta mañá neste areal de Sanxenxo. Desta volta a mobilización tivo un caracter festivo e nela facían fincapé na visita do Presidente de España ó Club Náutico esta tarde.

    Como se dunha atracción turística máis se tratase, os turistas de Sanxenxo non deixaban de preguntar esta mañá porqué estaban os gaiteiros e toda a xente marchando pola praia da Panadeira. O motivo non era outro que unha nova mobilización da plataforma SOS Panadeira para volver a esixir a retirada do último pantalán que Portos de Galicia constrúe preto de orillamar. Con esta protesta, estes veciños de Sanxenxo quixeron amosar á súa indignación ca visita desta tarde do Presidente do Goberno Central, a este Club Náutico co gallo da entrega ó Presidente do Club, Pedro Campos, da Medalla ó Mérito Deportivo a esta entidade. Desde SOS Panadeira tamén quixeron manifestar o seu malestar co Concello de Sanxenxo por interferir na colocación das pancartas que colocaron neste entorno e ás que algúns tacharon de feismo. Estes veciños de Sanxenxo aclararon asemade que nunca perderon sentencia algunha sobre o groso desta cuestión posto que aínda non saíu xuízo algún sobre a denuncia que interpuxeron no seu día nos Xulgados de Pontevedra. Respecto ó tema das denuncias cruzadas entrámbalas dúas partes, varias delas por ameazas ó Presidente do Club Náutico, os voceiros restan importancia ó asunto asegurando que se deben ó nerviosismo propio dalgúns que se intentan lucrar con este espazo público.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/12/zona_tir.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/12/sos_panadeira_120814.mp4{/flowplayer}