Detidos dous ribeirenses por tráfico de cocaína

    RIBEIRA> A actuación dos corpos da Policía Nacional de Ribeira e Ponferrada permitiu desmantelar unha rede de transporte e distribución de cocaína na que hai catro detidos, entre os que se sitúan dous veciños da vila ribeirense. Ó parecer, esta organización transportaba mercancía de Ribeira a Ponferrada varias veces á semana, e na vila leonesa era distribuída por seis camellos. Un dos ribeirenses implicados, menor de 30 anos, foi detido cando entregaba un dos seus encargos. Posteriormente realizáronse rexistros na casa deste e do seu socio, ó cal lle atoparon no vehículo, 30 gramos de cocaína e 3.000 euros en efectivo, e na casa 50 gramos e outros 2.000 euros a maiores. Na casa do arrestado en Ponferrada, acharon balanzas e sustancias para adulterar a droga. Esta fin de semana aconteceu outra detención, por tráfico de drogas, no concello de Carnota. A Policía Local e a Garda Civil de Muros incautaron 500 doses de heroína e 40 de cocaína a un veciño de 38 anos.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí