O PSOE de Porto do Son demanda un plan de educación municipal

    PORTO DO SON> O PSOE de Porto do Son demanda a posta en marcha dun plan de educación municipal que facilite a conciliación familiar. Neste programa inclúen tamén a ampliación da oferta de actividades extraescolares para bebés e as axudas para familias monoparentais. A agrupación socialista xa levou a pleno este plan de educación co que pretenden promover a conciliación familiar e laboral con servizo de atención ós cativos nos horarios previos á entrada ó colexio e posteriores á saída así como a mediodía. Tamén se interesan pola posta en marcha de actividades extraescolares para os nenos en primeira fase de escolarización e o incremento das axudas para as familias monoparentais. Entre as mocións presentadas polos socialistas destaca tamén a emenda ós orzamentos xerais do estado na que reclaman unha partida orzamentaria para o paseo marítimo de Porto do Son a Caveiro.