O PSOE de Lousame denuncia as carencias do servizo de pediatría

    LOUSAME> O PSOE vén de interesarse no Parlamento Galego pola falla de pediatras nos centros de saúde de Noia e Lousame. Recollen así o malestar da veciñanza destes dous concellos ó entender que o servizo que se dá é deficitario. Na actualidade, Lousame non conta con servizo específico de pediatría senón que os nenos son atendidos por un médico puericultor. Esta situación que, en principio ía ser temporal, remóntase xa a finais do pasado ano o que motivou as queixas das familias. Queixas das que se vén de facer eco a agrupación socialista e que trasladarán á cámara baixa a través do seu grupo parlamentario.