Pesca autoriza máis profesionais para a explotación do percebe en Aguiño

    gallegoenaguino_100_151008.jpgRIBEIRA > A Conselleira de Pesca mantivo un encontro coa directiva da confraría de pescadores de Aguiño que tomou posesión hai apenas un meses.

    {flowplayer}barbanza/gallegoenaguino.flv{/flowplayer}

    Durante a xuntanza de traballo trataron a posibilidade de incrementar o número de habilitacións para a explotación de recursos específicos como o percebe e a navalla. Carmen Gallego amosouse disposta a autorizar a incorporación de novos profesionais sempre e cando os informes biolóxicos así o avalen.

    Así mesmo, os responsables da entidade expuxeron á titular de Pesca algúns dos proxectos relacionados coa comercialización directa dos seus produtos, posto que a confraría de Aguiño inscríbese dentro da marca de calidade promovida pola Consellería ‘Pesca de Rías’.

    Nova normativa para os mergulladores

    Durante a xuntanza de traballo tamén se abordaron algunhas das novidades introducidas por Pesca nos últimos meses como a nova normativa para a captura da navalla que permite ós mergulladores realizar o seu traballo con subministro de aire e non a pulmón como viñan facendo ata o momento. Os membros da directiva valoraron moi positivamente a nova lei posto que introduce unha notable mellora nas condicións de traballo dos profesionais do mar.

    Nova lonxa

    En resposta ás preguntas dos xornalistas, Carmen Gallego referiuse tamén á futura construción da nova lonxa de Ribeira para a que a Consellería destinará unha partida inicial de dez millóns de euros. Unha vez rematada, a súa xestión sairá a concurso público e, dende o departamento de Pesca, agardan que sexa o propio sector quen asuma o control da rula.

    Contrato homologado

    Durante á súa visita a Aguiño, a máxima dirixente do departamento da Pesca informou tamén dos últimos contactos entre os produtores de mexillón e a insdustria transformadora na busca dun acordo que consiga traer a estabilidade que precisa o sector.

    Redacción Barbanza