O Armadiña Rock aposta polo medio ambiente

POIO> O Armadiña Rock aposta pola ecoloxía e a convivencia entre os veciños de Combarro e os visitantes. O festival cumpre este ano a súa cuarta edición apostando polo medio ambiente, difundindo un decálogo de boas prácticas para que todos apliquen durante a festa.

 

O Armadiña Rock prepara a súa edición máis verde.

Por iso, os organizadores xa teñen listo un decálogo de boas condutas para aplicar durante as festas.

Recoller os refugallos, reducilos, reutilizalos e reciclalos ou empregar os baños públicos, son algúns dos puntos do decálogo. Dez guías moi simples pero efectivas.

Para apoiar este obxectivo, os organizadores encargaron 10 mil vasos que estarán a disposición dos que queiran alugalos.

Todas son medidas que farán do Armadiña Rock 2014 un festival máis respectuoso co medio ambiente, e que axudarán a todos a cumprir o punto dez do decálogo: desfrutar das festas.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/18/boas_practicas_armadina.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/18/boas_practicas_armadina.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí