O Premio da Crítica Literario 2014 fallarase dende Pontevedra

PONTEVEDRA> Os Premios da Crítica Literaria 2014 fallaranse en Pontevedra. A capital acollerá unha xuntanza de 21 dos críticos máis importantes de España para escoller as obras que serán recoñecidas con este galardón, un dos máis relevantes das letras castelás, galegas, catalás e euskeras.

 

A cita celebrarase entre os días 16 e 18 de abril do 2015, e dese encontro sairán os nomes das obras escollidas como as mellores do 2014 nas categorías de narrativa e poesía para o xurado de expertos. Pontevedra acompañará a xuntanza dos críticos con actividades paralelas abertas ao público. O programa estará organizado pola sección galega da Asociación Española de Críticos Literarios, e incluirá unha exposición e un roteiro pola Pontevedra Literaria, ademais dunha posible edición dunha revista conmemorativa e dun libro colectivo dedicado á cidade.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/18/total_colas_critica_literaria.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/18/total_colas_critica_literaria.mp4{/flowplayer}