O BNG esixe a retirada do plan da sardiña

GALICIA> O Bloque Nacionalista Galego solicitoulle a Alberto Núñez Feijoo a destitución da conselleira de Mar por ignorar a situación da sardiña. Daniel Rodas acusa a Rosa Quintana de estar máis pendente das festas gastronómicas que de solucionar a situación que atravesa a flota do cerco.

O BNG solicitará a destitución da conselleira do Mar, Rosa Quintana, por non defender os intereses da flota galega e conducila á ruína. Os nacionalistas móstranse contrarios ó plan da sardiña que publicou o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medioambiente no BOE do 14 de agosto. Non o comparten porque desoe as peticións do sector e non cumpre os acordos establecidos no mes de xullo, entre a administración autonómica e os profesionais. O Magrama condiciona as capturas máximas anuais da sardiña a si a biomasa das existencias de peixes de máis dun ano é inferior a 135.000 toneladas, entonces o total admisible de capturas será igual a cero toneladas. Si está entre 135.000 e 368.000 toneladas, aplicarase unha fórmula para determinar o número de capturas. Si as existencias da sardiña superan 368.000 o TAC será igual a 86.000 toneladas. A parte, cada buque cesará a actividade 48 horas continuadas nos caladoiros Cantábrico e Noroeste, e poderá exercer a pesca da sardiña cinco días á semana. Daniel Rodas e o BNG reclaman recuperar o primeiro plan da Sardiña, que data do ano 2.000. Un acordo que establecía unha redución de catro días de captura, un tope de 2.000 quilos por embarcación e 3.000 por tripulación, así como unha proposta de veda de cinco meses e noventa días de parada biolóxica. Ademais de esixir a recuperación deste plan, instaron á Xunta a forzar unha reunión con urxencia para establecer un novo acordo con Portugal.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/19/bngnovoplansardina1908141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/19/bngnovoplansardina190814.mp4{/flowplayer}