O incendio dunha caravana obriga a interromper a circulación

    BOIRO> O accidente produciuse na autovía do Barbanza á altura de Boiro.

    O incendio dunha caravana obrigou a cortar, durante 15 minutos, un dos sentidos da autovía do Barbanza na tarde noite de onte. No vehículo, viaxaban catro feirantes de Ribeira. Ían en dirección a Padrón e interromperon o seu percorrido entre as saídas de boirenses Este e Oeste. Todo apunta a que un problema mecánico orixinou as chamas nunha das rodas. Como poden observar, a caravana quedou totalmente calcinada. Afortunadamente non foi necesaria asistencia médica, non obstante requiriuse a intervención dos bombeiros de Boiro e a presenza de numerosos axentes da Garda Civil de Tráfico.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/19/caravanaqueimadaautoviabarbanza1908141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/19/caravanaqueimadaautoviabarbanza1908141.mp4{/flowplayer}