BOIRO> Os viños galegos e os produtos das nosas rías foron protagonistas dunha velada que contou coa presenza de afamados xornalistas do panorama nacional.
A II cea enolóxica dos xornalistas de Exxpopress, encádrase nunha campaña de promoción turística chamada ‘Barbanza é noticia’. Recoñecidos profesionais da radio e da televisión como Luís del Olmo, Paloma Gómez Borrero, Alfredo Amestoy e Maricarmen Izquierdo serán embaixadores da comarca despois de gozar dos produtos galegos, tanto do mar como da terra. A cea contou con numerosos persoeiros do Barbanza. Destaca a presenza dos alcaldes de Porto do Son, Boiro e Ribeira. Alí estivo tamén a directora de Turismo, Nava Castro, e a conselleira do Medio Rural e do Mar. Rosa Quintana destacou que eventos como este seguen a liña da Xunta de Galicia en prol de promocionar a riqueza da nosa gastronomía. O restaurante Chicolino de Boiro foi a anfitrión desta cita, na cal participaron máis dun centenar de persoas. A preparación dos pratos, que mesturaron tradición e innovación, estivo baixo as directrices do afamado cociñeiro, Miguel Mosteiro.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/19/conselleiramarceaenoloxicaexxpopress1908141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/19/conselleiramarceaenoloxicaexxpopress190814.mp4{/flowplayer}