Portos inviste máis de 500 mil euros na modernización dos portos do Freixo e Testal

NOIA> A consellería Mar, a través de Portos de Galicia, está a levar a cabo varios proxectos de mellora das instalacións portuarias na ría de Muros-Noia, para dar resposta así ás necesidades do importante sector profesional.

Un deles, a piques de concluír, estase a executar no porto de Testal, mentres que a outra actuación prevista na zona, de similares características, afectará ó porto do Freixo.

As dúas obras suman un investimento total que supera os 500 mil euros.

As dúas actuacións inclúense na liña de traballo que o ente autonómico está a desenvolver dende hai uns anos de cara a modernización e mellora das instalacións portuarias, na que se inclúen tamén outros proxectos como os que se realizan actualmente en Ribeira ou Rianxo, entre outros.