Boiro aposta por seguir preparando ós seus maiores para a era dixital

    BOIRO> Unha trintena de alumnos do curso TIC para maiores de Boiro recibiron este mediodía os seus diplomas. A través desta oferta formativa, o concello busca a capacitación dixital de tódolos colectivos para mellorar a súa calidade de vida na sociedade da información. Con esta entrega de diplomas conclúe unha edición máis dos cursos de tecnoloxías da Información e da comuniciación, polos que dende hai anos vén apostando forte o concello de Boiro. Os alumnos que hoxe reciben o seu diploma adquiriron nocións básicas de informática e manexo de internet. E terán ocasión de perfeccionalas xa que a partir de setembro abrirase unha nova convocatoria. A intención do goberno é seguir promovendo este tipo de accións formativas dirixidas ó colectivo da terceira idade para promover un envellecemento activo e unha mellor competencia no manexo das tecnoloxías.