O concello de Noia instala cinco desfibriladores en dependencias municipais

    NOIA> O concello de Noia vén de adquirir un total de cinco desfibriladores semiautomáticos que serán instalados en varias instalacións deportivas e no Coliseo Noela. A compra destes mecanismos supuxo un investimento duns seis mil euros, asumidos con fondos municipais. O executivo noiés instalará un total de cinco desfibriladores semiautomático en varias instalacións deportivas do municipio, así como tamén no teatro Coliseo Noela. O Concello cumpre así coa recomendación do Ministerio de Sanidade, ó consideralos unha ferramenta básica. O alcalde, Santiago Freire, sinalou que a compra destes desfibriladores é un exemplo máis do compromiso do equipo de goberno de ir mellorando o servizo e as infraestruturas deportivas municipais. Neste sentido aludiu a actuacións como a construcción do pavillón polideportivo no colexio de Bergondo ou a mellora da accesibilidade da piscina, entre outras. Dende o Concello informaron que a súa intención pasa por ir incorporando na medida do posible estes mecanismos a outras dependencias municipais.