Rueda inaugura as obras de acondicionamento na praza da Treixadura

    inauguracionprazatreixadura.jpgPOBRA> A actuación, cun presuposto de mais de 50 mil euros, permitiu a mellora estética da zona, ademais da instalación dun parque infantil e un circuíto biosaudable.

    {flowplayer}barbanza/inauguracionprazatreixadura.flv{/flowplayer}

    Un bo número de persoas, a maioría residentes nas urbanizacións anexas á praza da Treixadura, asistiron a inauguración das obras de remodelación levadas a cabo nas últimas semanas neste espazo. Tratábase dunha vella reivindicacións dos veciños desta zona que dende hai anos reclamaban unha mellora do entorno. O acto estivo presidido polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, xa que o seu departamento foi o que financiou integramente esta remodelación cun investimento superior ós 50 mil euros.

    Satisfacción

    Pola súa banda o alcalde, Isaac Maceiras, destacou tamén o resultado da actuación, que permitiu a mellora estética da praza. Ademais procedeuse á instalación dun parque infantil que cumpre tódalas normas de seguridade, así como un circuíto saudable.

    Dende o concello pobrense quixeron destacar tamén que a actuación segue a liña iniciada polo executivo local dende a súa chegada a alcaldía de cara a mellorar os servizos básicos e as infraestruturas.

    Redacción Barbanza