A corporación vilagarciá agarda a reunirse co comité de Cuca para decidir os pasos a seguir

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/20/reunion_cuca.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/20/reunion_cuca.mp4{/flowplayer} 

 

VILAGARCÍA> Os voceiros da corporación vilagarciá queren coñecer a opinión do comité de Cuca sobre o novo auto da xuíza. O encontro celebrarase este venres, coa intención de que a xuntanza axude á comisión a decidir os pasos a seguir no conflito laboral da conserveira de Vilaxoan.

Sentar cos representantes sindicais para coñecer a súa opinión sobre o novo auto da xuíza respecto da problemática de Cuca. Este foi o acordo ao que chegaron os membros da comisión creada polo concello.

A xuntanza, que se celebrará este venres, foi proposta polo representante de Esquerda Unida na comisión. Para Ramón Bueno, o cambio de criterio da xuíza que da por cumprida a sentenza admitindo o traslado diario por conta da empresa das traballadoras dende Vilaxoán ao Grove, débese ás ameazas de peche da conserveira.

Todos os voceiros continúan a defender o mantemento dos postos de traballo na fábrica de Vilaxoán. Por iso, ratificaron o acordo institucional do pasado marzo.

A intención da comisión é definir os pasos a seguir neste conflito laboral despois da xuntanza do venres co comité de empresa.