
CAMBADOS> A composición da Organización Interprofesional do Viño segue sen convencer ao Consello Regulador da DO Rías Baixas. A organización deixa fóra aos organismos reguladores algo que, segundo o presidente Juan Gil, fai que moitas adegas non estean ben representadas.
O pasado 30 de xullo, o Ministerio de Agricultura, sindicatos, a Federación Española do Viño e as cooperativas agro-alimentarias asinaban a acta de constitución da Organización Interprofesional do Viño en España. As grandes ausentes foron as Denominacións de Orixe, que non foron invitadas ao encontro.
Por iso, dende a DO Rías Baixas pídese que calquera iniciativa conte cos Consellos Reguladores.
A composición da Interprofesional non é a única medida do Ministerio que non gusta a Rías Baixas. O borrador da nova lei para previr o consumo de alcohol en menores inclúe o viño, algo que rexeita a Denominación de Orixe.
Para o presidente, os problemas derivan do consumo doutras bebidas alcohólicas, así como da falta de formación dos mozos e das súas familias para previr este tipo de abusos.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/20/interprofesional_vino.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/20/interprofesional_vino.mp4{/flowplayer}







