O Túnel do Viño abre para ofrecer a cata de 160 marcas nun entorno tranquilo

CAMBADOS> Xa para o público xeral, estas marcas que concorren ao concurso e moitas máis estarán dispoñibles no Túnel do Viño. A actividade cumpre a súa novena edición, confirmándose como unha alternativa máis tranquila e profesional ao Paseo da Calzada para gozar do Albariño.

Por un prezo de 15 euros, os visitantes poderán degustar 161 marcas pertencentes a 60 adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas. Unha oportunidade que moitos non queren perder, e que o Consello Regulador aposta por potenciar.

Fátima Abal tamén destacou a diferenza que existe entre o Túnel do Salón José Peña e os stands do Paseo da Calzada. Por iso, animou a cambadeses e visitantes a achegarse para coñecela.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, achegouse a Cambados para participar da inauguración do Túnel do Viño. Ao igual que fixera onte o Conselleiro do Medio Rural, Rueda destacou o peso do sector vitivinícola na economía galega, con Rías Baixas á cabeza.

O horario de apertura das instalacións é de 12.00 a 14.30 horas e de 19.00 a 21.00 horas o venres, mentres que o sábado e domingo abrirán de 12.00 a 14.30 horas.