![]()
VILANOVA> Na xuntanza de portavoces acordaron recalificar urbanístico o solo que o ocupa o inmoble como de uso terciario dotacional público.
{flowplayer}images/salnes/XUNTA_PORTAVOCES_VILANOVA.flv{/flowplayer}
Na Xunta de Portavoces que se celebrou esta mañá no concello de Vilanova para tratar o asunto do Pazo de Vista Real acordaron por unanimidade levar a pleno a modificación puntual número quince das Normas Complementarias e Subsidiarias do planeamento do concello. A finalidade deste encontro era recalificar urbanístico o solo que ocupa o inmoble, situado na parroquia de Caleiro, e o seu entorno como de uso terciario dotacional público.
Isto non vai impedir que calquera ente privado presente a súa oferta en sobre pechado antes do nove de decembro para adquirir o Pazo. Pero o concello a través desta modificación, ó tratarse nun futuro dun solo público, poderán expropiarlle o terreo a todo aquel que o compre.
Esta actuación, confesa Durán, non responde máis que á demanda dos veciños de Vilanova que en repetidas ocasións lle manifestaron o seu interese que o inmoble pase a ser de titularidade pública.
Outro dos aspectos que se van a tratar no pleno vai a ser a incorporación de dita cualificación urbanística ó futuro Plan Xeral de Ordenación Urbana que poida aprobar o concello. Ademais, a partires de agora o concello estudará a proposta que van presentar en sobre pechado ante a Audiencia Nacional.
Redacción Salnés







