SALNES> A Fundación Monte – Castrove e a Mancomunidade do Salnés doa máis de 3800 euros a asociación Esperanza Salnés. A doazón é o resultado da recadación do torneo benéfico organización polo campo de golf de Meis. A axuda permitirá a Esperanza Salnés sufragar os gastos de atención dos nenos e nenas durante un mes.
A Fundación Monte – Castrove e a Mancomunidade do Salnés aliáronse para organizar un torneo de golf benéfico en favor de Esperanza Salnés. Á competición celebrouse o pasado 25 de agostos e nela participaron 145 deportistas. O resultado final é unha recadación de máis de 3800 euros.
O torneo foi organizado pola Fundación Monte – Castrove e patrocinado pola Mancomunidade do Salnés. Para fundación este torneo marca o novo rumbo que quere seguir a nova dirección da fundación con actividades máis solidarias.
A axuda é vital para a asociación Esperanza Salnés. Con esta cantidade poderán sufragar os gastos de atencións aos nenos e nenas durante un mes máis.
Segundo explican dende a asociación, Esperanza Salnés atópase nun momento crítico. As contas con esta axuda permitirán chegar ao mes de decembro pero a partir de aí a incerteza é máxima. De non atopar axudas, os 17 nenos e nenas aos que atenden a asociación deberán acudir a clínicas privadas. Supoñendo un incremento dun 400% dos seus gastos en cada sesión de pedagoxía, psicoloxía, logopedia ou fisioterapia.